5/9/10

Un verán GaitaFilmes

5/9/10
Pois si, despois de unha fascinante experiencia de 10 meses de estudiante Erasmus en Genova, na provincia italiana da pasta ó pesto e da focaccia, chégase de novo a Galicia (hai un mes e medio) e síntome con ganas e forza para seguir adiante con proxectos persoais e grupais que consiguen que teña un formigueo na barriga.

Este verán, ó pouco de chegar, GaitaFilmes gravamos en Ribadeo, na seccion A Toda Mecha pertencente ó OFestivalON, a curtametraxe A Porta, con tan boa fortuna que resultamos premiados e ademais vivimos unha experiencia fantástica rodeados de un gran ambiente coa xente da organizacion e o resto dos participantes. A repetir para o ano próximo. Réstame dicir que A Porta esta escrita e dirixida pola alma mater de GF, Andrés Goteira, producida por Ana García, Laura Doval e Suso López, tamén tivemos a enorme fortuna de poder contar coa presencia da actriz galega Pilar Pereira que fixo que a curta acadase un puntiño máis.

Prensa:
http://ofestivalon.com/es/archives/617
http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/03082010vivir_2.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/08/02/0003_8644781.htm
http://www.cineytele.com/noticia.php?nid=30698
http://www.festivaleo.com/?p=1570

Unhas semanas mais tarde chegaba o momento de preparar a proxección M de Cine (velaquí o video publicitario: http://www.youtube.com/watch?v=l90B4bFqY5I ) e GaitaFilmes e a asociación cultural M de Meira superamos infinidade de problemas ata conseguir facer realidade unha fermosa terceira edición ó aire libre que será recordada pola gran afluencia de público (mais de 200 persoas) e polas boas vibracións que tivemos todos esa noite. Penso que tamén será recordada coma a edición na que o día antes roubaron a gran lona-pantalla de proxección de 70m2 que M de Meira mercara para a ocasión e que non puidemos disfrutar.


Estamos pensando en facer una sorpresa para dentro dun tempiño relacionada con esta terceira edición de M de Cine, na que se proxectaron curtas de GaitaFilmes, Gang films e outros realizadores galegos, todo de forma desinteresada... pero xa informaremos cando sexa oportuno.

Deixovos tamén unha entrevista realizada a Andrés Goteira en O Progreso:

http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/17082010terracha_2.pdf

Hai un pouco acabo de enterarme ademais que A Porta será presentada posiblemente en Ferrol (cando teña mais datos xa o farei saber) e tamén en A Coruña por cortesía de Mr Misto Films e xunto con outras curtas, será na Plaza de Azcarraga o venres 17 de setembro a partires das 22h. Correspondendo ó ciclo de curtametraxes Cine 10, mentras nós nos sentímos encantados e afortunados de compartir cartel con curtas nacionais e internacionais de tanto nivel, invitamos ós amigos coruñeses a pasarse polas proxeccións.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/08/31/plaza-azcarraga-vuelve-recibir-festival-cortos-cine/415309.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/30/galicia/1283188285.html

---------------------------------------------------------------------

Así funciona o leit motiv dun mesmo, tratando de non estarse quieto, así como despois do verán e co comezo do curso outras motivacións fan que a barriga siga a dar tumbos, pode tratarse de reflotar Bluesomes e Pistolas, de encamiñar o proxecto poético-gráfico, de continuar adiante coa aventura GaitaFilmes, de bicicletas, cancións...

Que teñades todos unha boa semana

2 comentarios:

eFe

en Ferrol??? xa contarás artista!!!

é un gustazo volver a verte por estes lares

;)

Suso López

gracias fatima!! procurarei avisar da data de ferrol!!! bicos

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles