21/8/09

Estrea de "O Paquete"

21/8/09

O pasado 16 de Agosto, na Casa da Cultura de Meira, GaitaFilmes presentamos a nova curtametraxe: "O Paquete!, dirixida por Andrés Goteira e protagonizada por amigos e veciños do pobo. Para a ocasión GaitaFilmes preparamos unha proxección o mais completa posible, centrándonos nas producións propias pois era do que este ano se dispoñía e se trataba, ademais do debú duns mozos do pobo que realizaron con moito acerto a súa primeira curtametraxe.

A gala estaba programada para as 8 e comezamos cun pouco de retraso debido a que a entrada da xente ó local de proxección demorábase porque os organizadores loxísticos do evento, a asociación cultural M de Meira, repartían agasallos e palomitas de Curtas na Rede cedidas por unha amiga (gracias María!), pouco a pouco enchíase o lugar e as luces apagáronse para dar paso ó comezo... neses intres o aspecto da Casa da Cultura era excepcional, cheo a rebosar, con xente vendo as curtas dende os corredores e co galiñeiro tamén abarrotado, falamos de mais de 200 persoas, desde logo temos que agradecer ó pobo e arredores a gran acollida que nos brindaron, sen este apoio non creo que puidésemos seguir dando o mellor de nós, xa que a xente responde do mesmo sexa mais malo ou mellor o que van ver, sabendo de antemán que somos uns simples afeccionados.

Entón foron pasando continuamente, entre os presentadores animados que preparamos:

- Xigantes (o documental de GF)
- Bad Company (a curta da nova factoría meirega Gang Films)
- A retrospectiva GF: REM, Memoram, Simón e Que lle pasa a Pepe Pistola!!

Ata chegar ó momento que gardábamos con moito mimo:

- O Paquete, a nova curta foi recibida e despedida entre sinceros aplausos que nos satisfacen mais que calquer premio que dean por ahí adiante, gracias de novo!!

E así rematamos esta nova entrega de M de Cine, unha edición que foi un éxito total de público e unha satisfacción persoal importante despois dos desmáns dos últimos días (vou obviar os problemas técnicos do proxector durante toda a gala)... non sei aínda se O Paquete é a nosa mellor curta, eso saberémolo co paso do tempo pero por agora seguimos ilusionados con presentala ó maior número de festivais e concursos posible, a calidade de imaxe que acadamos este ano é suficiente para iso. Por certo xa logo vén Curtas na Rede, o concurso por antonomasia das curtametraxes amateurs, seguro que ahí estamos tamén pero con unha versión reducida ata os 5 minutos máximos que permiten, así que mais adiante non terei outro remedio que pedir algúns que outros votos.

Gracias anticipadas

PD: Deixo agora algunha foto da gala

Bo finde a todos










0 comentarios:

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles